Archivos para venres 24 setembro 2010

ACTUACIÓN DO GRUPO BISÓN EN BOIRO

Hoxe pola noite poderedes disfrutar no Pub Arena de Boiro coa actuación do grupo de rock riveirense BISÓN.

  • Hora: 24.00.

PRESENTACIÓN BARBANTIA

Hoxe ás 20.30 terá lugar no Auditorio Municipal de Riveira a presentación dun novo número de A Voz de Barbantia.

A Asociación Cultural Barbantia, organizadora do evento, tamén aproveitará para dar a coñecer unha publicación especial que recopila 25 números do suplemento.

Contarase coa presenza de Antón Riveiro Coello, presidente de “Barbantia”; Xosé Ramón Ares Noal, delegado de “La Voz de Galicia” en Barbanza e Manuel Cartea, coordinador do suplemento cultural. No acto, aberto á asistencia de todas as persoas interesadas, está tamén prevista a comparecencia do alcalde riveirense, José Luis Torres Colomer.

FESTAS DE SANTA TECLA

Hoxe  comezan as Festas de Santa Tecla en Corrubedo!

Ata o sábado poderedes disfrutar da programación festiva en Corrubedo, que contará con actuacións musicais os 3 días. Actuarán as orquestras Os Trovadores, Principal e Odeón, e os grupos Marea e De la Cruz.

O pregón, que este ano correrá a cargo de Ricardo Antelo Santiago (profesor afincado na zona) será o sábado 25 ás 23.30 horas. Tampouco faltarán as misas e pasarrúas.

ROMARÍA DA MERCÉ NA POBRA

Mañá venres celebrarase na Pobra do Caramiñal a tradicional Romaría da Mercé.

A misa principal e procesión terán lugar ás 12.30 da mañá.

Ademais dos actos relixiosos a xornada estará amenizada por grupos de gaitas e bandas de música, sen que falte tampouco a tradicional verbena na que actuarán a orquestra Odisea e un dúo musical. O evento rematará con fogos artificiais.

FESTAS DE SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

Este venres comezan en Tállara (Lousame) as Festas de San Roquiño, que se prolongarán ata o 1 de outubro.

O repertorio é do máis variado: misas, sesións vermouth, verbenas… e actuacións das orquestras Satélites, Trébol, Pontevedra e Ledicia.

DJs TECH-HOUSE EN CORRUBEDO

Este venres 24 de setembro o Ferruxe noise club acollerá as actuacións de 3 DJs con música Tech-house.

  • Actuacións de: Dj Smerz, Dj Nactxo Arca e Dj Tesso.
  • Lugar: Ferruxe noise club (Corrubedo)
  • Hora: a partir das 2.00 horas.

FESTA DA XUVENTUDE

O venres 24 e o sábado 25 de setembro terá lugar en Riveira a celebración da Festa da Xuventude e o Aniversario da Asociación Social e Cultural A Trapallada.

Programación:

  • Venres 24 de setembro: Actuación de Morrigan”, “Talón de Aquiles” , “Politoxicómanos” e “Comando Robalisa”. A partir das 22.00,  no Malecón. 
  • Sábado 25 de setembro: Talleres para nen@ s (globoflexia, pintura de cara e de camisetas, abalorios, chapas, dinámicas de distensión…). De 17.30 a 19.30, na praza de Vigo. Actuacións de “Makakas y Machango”, “Generazión Perdida”, “The Siberets” e “Lizard Crash”.  A partir das 21.30, no Malecón.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.