Archivos para teatro

TEATRO EN RIVEIRA (26/11/2010)

A Mostra de Teatro riveirense conta hoxe coa presenza de Talía Teatro e a obra “Volpone”.

Trátase dun texto clásico inglés do século XVI, que trata o tema da avaricia e da luxuria.

O espectáculo terá lugar ás 21.30 horas no Auditorio Municipal de Riveira.

Xornada Teatral en Aguiño

O vindeiro sábado 6 de novembro terá lugar unha Xornada Teatral en Aguiño (Riveira).

Teatro en Riveira

TEATRO EN RIVEIRA

Mañá venres día 8 o grupo de teatro “Airiños” representará no Auditorio riveirense a obra “Os vellos non deben namorarse”.

A representación está enmarcada no seo do Programa de Ocio e Tempo Libre da Asociación Ámbar e financiada pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O evento terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Riveira e está aberto ao público en xeral.

TEATRO EN OUTES

O Concello de Outes conta cun variado programa teatral para que non te aburras este outono:

Un total de 5 obras serán representadas na Casa da Cultura de Outes, entre o 9 de outubro e o 6 de novembro.

Programación:

  • 9 de outubro: “Lazarillo de Tormes”. Compañía: Teatro do Morcego.
  • 16 de outubro: “Hendaya Mon Amour”. Compañía: Bacana Teatro.
  • 23 de outubro: “Saltimbanquis”. Compañía: Teatro do Morcego.
  • 30 de outubro: “Shakespeare para ignorantes”. Compañía: Produccións Teatrais Excéntricas.
  • 6 de novembro: “Ensalada de instrumentos”. Compañía: Os Tres Tenedores”.

Horario: 20.00 horas.

Entrada gratuíta.

VIII MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO EN LOUSAME

A VIII Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Lousame bota a andar o 10 de outubro coa obra “Faladoiro no banco”.

A esta actuación seguiranlle outras 4 que ocuparán as tardes dos domingos ata o 7 de novembro, data en que rematará a mostra.

A actividade terá lugar na Casa da Cultura Santeiros de Chave, ás 19.00.

Consulta o cartel coa programación! (Días: 10, 17, 24 e 31 de outubro e 7 de novembro)

Que facer na fin de semana?

Durante o resto da fin de semana seguen as actividades:  exposicións, charlas, concertos, o teatro, o cine,  as festas de San Gabriel, Festival Benéfico en Noia, etc…

Entra no noso calendario e NON TE ABURRAS esta fin de semana. (Fai click sobre o texto para acceder ó calendario).

Venres 9 de abril de 2010

Para comezar o fin de semana propoñémoste:

  • Exposición “Hai camiño polo mar” en Riveira
  • Conferencias de temas diversos, unha en Boiro e outra en Riveira
  • Festas de San Gabriel en Cures (Boiro)
  • Concerto da orquesta Cinema en Riveira
  • Gústache o teatro? A compañía Malapécora actúa hoxe en Riveira
  • Prefires o cine? Podes ver: Furia de Titanes, Cómo entrenar a tu dragón, entre outras..

Máis información AQUÍ.

Ponte de Semana Santa

Esta ponte de Semana Santa, Barbanza-Noia está repleta de actividades para tódolos gustos.

Comeza co Festival KURRALA ROCK en Corrubedo (Riveira) o mércores a partir das 20.30h coas actuacións de Inllorfeis, AreavastA, Contra as Cordas…

A partir das 22.00h podemos asistir a un Concerto de Trompa no auditorio de Rianxo.

A partir do día 1 de abril podemos asistir á Feira de Oportunidades de Porto do Son. Podemos tamén disfrutar dun monólogo de Josue Cao en A Pobra do Caramiñal.

Desalojo e Agoraphobia, entre outros, están de concerto nesta ponte.

Podemos asistir ó teatro no concello de Outes , ó cine en Riveira, a unha exposición da Ruta Xacobea polo mar no Clube Naútico de Riveira, …, e ás I Xornada de Promoción e Participación na Cultura Urbana (en Noia).

Para máis información sobre as actividades, eventos, horarios, etc, fai click AQUÍ.

Que facer esta fin de semana???

Non sabes que facer esta fin de semana? Propoñémoste unha serie de concertos, teatro, presentacións de libros, churrascada, ….

Para ver máis fai click AQUÍ.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.