Archivos para Riveira

NOITE MEIGA segue de festa!!!

Este sábado 4 de decembro o NOITE MEIGA prepara a FESTA MEXICANA!!!

Tralo éxito acadado coa Festa de Aniversario, esta finde o NOITE MEIGA acollerá a FESTA MEXICANA.

Na festa de aniversario non faltou a tarta da Maricola, os cócteles a cargo do coctelero Fran Pérez e a boa música estivo nas mans dos DJ´s Paco, Jama e Berto.

Máis info AQUÍ.

MESA REDONDA DE RENACER EN RIVEIRA

A Asociación Renacer organiza unha mesa redonda que leva por título: “SIDA: dúas realidades”.

Trataranse cuestións como a evolución dos diagnósticos e tratamentos da enfermidade na nosa comunidade, ou a realidade da poboación infantil africana infectada por VIH.

O acto celebrarase hoxe, ás 20.00 horas no Ateneo Valle-Inclán de Riveira.

TEATRO EN RIVEIRA (26/11/2010)

A Mostra de Teatro riveirense conta hoxe coa presenza de Talía Teatro e a obra “Volpone”.

Trátase dun texto clásico inglés do século XVI, que trata o tema da avaricia e da luxuria.

O espectáculo terá lugar ás 21.30 horas no Auditorio Municipal de Riveira.

“JUANISMO”, de LUIS XANICO

O riveirense LUIS XANICO enviounos un relato para o noso apartado Libro Aberto denominado JUANISMO.

Non dubides en lelo, fai click AQUÍ.

Praia de COROSO

A praia da semana é COROSO do concello de Riveira!!!

Queres saber algunha que outra curiosidade sobre ela?? Fai click no seguinte enlace:

http://barbanzanoianatural.wordpress.com/2010/11/19/praia-de-coroso/

II Torneo de Bolos da Wii

O BAR VICTORIA de Aguiño (Riveira) organiza para este venres 19 de novembro o II TORNEO DE BOLOS WII.

O torneo comeza ás 22.00 horas, para inscribirse podes facelo a través dun privado no Tuenti do Bar Victoria ou no mesmo bar ata unha hora antes do comezo do torneo.

Magosto en San Roque (Riveira)

O sábado 20 de novembro a partires das 12.00 horas terá lugar un MAGOSTO no Parque Periurbano de San Roque organizado polo Banco de Tempo de Riveira.

Poderán asistir os socios do Banco do Tempo así coma calquera outra persoa interesada en recibir información sobre o Banco do Tempo.

Cada participante terá que levar castañas e algo para beber. Durante esta actividade daranse a coñecer algunhas receitas de postres típicos galegos elaborados con castañas.

I ANIVERSARIO NOITE MEIGA

Esta fin de semana é o I ANIVERSARIO do pub NOITE MEIGA no concello de Riveira.

A festa está asegurada!!! Non podedes faltar!!!  

Facilitámosvos o programa de todas as actividades previstas:

VENRES 19 de novembro

  • Gaiteirada e Festa Rachada a partires das 20.00 horas (prezos especiais*)
  • Pola noite, estades convídados á segunda consumición
  • Poderás disfrutar das sesións de DJ´s FRIENDS (Paco Pachangas, Juanma e Berto) e estará tamén o COCTELERO FRAN PÉREZ.
  • 

SÁBADO 20 de novembro

  • Dende as 21.30 horas NOITE KURRALEIRA. Actúan TALÓN DE AQUILES e GENERACIÓN PERDIDA.
  • Máis entrada a noite, NOITE MEIGA convídanos a tarta da Maricola e a brindar con Champán…
  • 

DOMINGO 21 de novembro

  • Ás 20.00 horas disfruta da actuación do monologuista PEDRO BRANDARIZ
  • E moitas máis sorpresas máis….
  • NON O DUBIDES: NON FALTES!!!

Magosto en Carreira

 Sábado 13 de novembro ás 17.30 horas terá lugar un MAGOSTO na Casa da Cultura de Carreira,organizado pola Asociación de Veciños de Carreira.

Simulacro de incendio – Riveira

Protección Civil de Riveira coordina un simulacro de incencio no IES Coroso.

O simulacro ten lugar hoxe venres, 12 de novembro, no IES Coroso a partires das 11.15 horas.

 Os obxectivos que se perseguen son poñer en práctiva o Plan de Autoprotección do centro educativo, adestrar ó persoal do centro e persoal exterior con implicación nestes sinistros (Protección Civil, Grumir, Policía Nacional, Policía Local e Bombeiros), comprobar a capacidade de resposta e observar os posibles erros que se cometan co fin de emendalos. 

O simulacro constará da evacuación total e correcta do centro educativo, o control de alumnos e persoal desaloxado no exterior, e a valoración dos tempos de evacuación e de resposta de medios externos.

 Esta acción está codirixida por Protección Civil de Riveira e a dirección do centro educativo IES Coroso e participarán: persoal interno do colexio, persoal de Protección Civil e do Grumir, bombeiros comarcais e persoal da Policía Local e da Policía Nacional.

Máis info AQUÍ.

Entradas más antiguas »
Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.