Archivos para Que facer
CAMPIONATO GALEGO DE TIRO CON ARCO EN SALA
O sábado 4 de decembro a Pobra será escenario do XIII Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala.
- Lugar: Polideportivo da Pobra do Caramiñal (Rúa Venecia)
- Hora: a partir das 14.30.
Los comentarios están cerrados
MESA REDONDA DE RENACER EN RIVEIRA
A Asociación Renacer organiza unha mesa redonda que leva por título: “SIDA: dúas realidades”.
Trataranse cuestións como a evolución dos diagnósticos e tratamentos da enfermidade na nosa comunidade, ou a realidade da poboación infantil africana infectada por VIH.
O acto celebrarase hoxe, ás 20.00 horas no Ateneo Valle-Inclán de Riveira.
Los comentarios están cerrados
TEATRO EN RIVEIRA (26/11/2010)
A Mostra de Teatro riveirense conta hoxe coa presenza de Talía Teatro e a obra “Volpone”.
Trátase dun texto clásico inglés do século XVI, que trata o tema da avaricia e da luxuria.
O espectáculo terá lugar ás 21.30 horas no Auditorio Municipal de Riveira.
Los comentarios están cerrados
XORNADAS TÉCNICAS
Este sábado 27 de novembro celebraranse en Porto do Son as X Xornadas Técnicas sobre Ovino e Caprino.
- Lugar: Salón de actos da Casa da Cultura. Porto do Son.
- Hora: 10.00
Los comentarios están cerrados
XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Mañá, mércores día 24 ás 20.00 horas, o Ateneo Valle-Inclán de Riveira dará cabida aos Actos do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Los comentarios están cerrados
TORNEO RÁPIDAS XADREZ
Este sábado día 27 de novembro o Liceo Pueblense acollerá o III Torneo Rápidas Xadrez “Concello da Pobra do Caramiñal”.
- Lugar: Liceo Pueblense (A Pobra do Caramiñal)
- Hora: 16.00 (1ª rolda)
- Inscricións ata o día 26
Los comentarios están cerrados
CONCERTO DE AGORAPHOBIA
Non esquezas asistir ao concerto que Agoraphobia dará en Boiro o venres 5 de novembro con motivo do I Concurso de Just Dance.
- Lugar: Pub ESE/ Pousada das Ánimas. Boiro.
- Hora: 23.00
Los comentarios están cerrados
CONCERTO DE INLLORFEIS
O sábado 23 de outubro Inllorfeis toca en Porto do Son!
Non vos podedes perder a asistencia ao último concerto que Inllorfeis prevé para este ano. Ademais de tocar as cancións coñecidas polos seus seguidores, o grupo aproveitará a ocasión para presentar algúns temas do seu 2º disco que se atopa en pleno proceso de grabación.
- Lugar: Chiringuito de Fonfo (antiga Sala Ardora). Porto do Son.
- Hora: 23.00.
Los comentarios están cerrados
FESTAS DE MACENDA
Este domingo día 10 comezan as Festas de Macenda (Moimenta – Boiro), que se prolongarán ata o 14 de outubro.
O primeiro día, ás 11.00 celebrarase o II Torneo de Golf “Trofeo Carme de Macenda”.
O cartel complétase con misas, pasarrúas e, orquestras e dúos musicais que farán a súa aparición entrada a noitiña. Tampouco faltan as sesións vermú con mexilloada e degustación de empanadas que terán lugar o domingo e o martes.
Consulta a programación día a día no noso calendario de eventos. Click AQUÍ.
Los comentarios están cerrados




