Archivos para Porto do Son

XORNADAS TÉCNICAS

Este sábado 27 de novembro celebraranse en Porto do Son as X Xornadas Técnicas sobre Ovino e Caprino.

  • Lugar: Salón de actos da Casa da Cultura. Porto do Son.
  • Hora: 10.00

I Xornadas para Familias

O Concello de Porto do Son e o Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias organizan as I Xornadas para Familias.

Estas xornadas terán lugar o 4, 11 e 18 de novembro na Casa da Cultura de Porto do Son. Non é necesaria inscripción.

Para solicitar máis información:

Praia da semana: AREA LONGA

A praia da semana é AREA LONGA do concello de Porto do Son.

Coñécea un pouco máis facendo click AQUÍ.

CONCERTO DE INLLORFEIS

O sábado 23 de outubro Inllorfeis toca en Porto do Son!

Non vos podedes perder a asistencia ao último concerto que Inllorfeis prevé para este ano. Ademais de tocar as cancións coñecidas polos seus seguidores, o grupo aproveitará a ocasión para presentar algúns temas do seu 2º disco que se atopa en pleno proceso de grabación.

  • Lugar: Chiringuito de Fonfo (antiga Sala Ardora). Porto do Son.
  • Hora: 23.00.

CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

A Comunidade de Veciños con Montes en Man Común de San Pedro de Muro organiza un Curso de Agricultura Ecolóxica.

  • Destinatari@ s: Agricultor@ s e labreg@ s locais.
  • Datas: 18, 20, 21, 25, 27 e 28 de outubro de 2010.
  • Lugar de celebración: Casa da Cultura de San Pedro de Muro (Porto do Son)
  • Horario: de 16.00 a 20.00 horas
  • Prazas limitadas.

Máis información e inscricións: 981 82 09 45

ESCOLA DE MÚSICA DE PORTO DO SON

Xa está aberto o prazo de matrícula para a Escola de Música de Porto do Son!!

Comezo das clases:

  • O 1 de outubro, ás 18.00 horas, piano, linguaxe musical e guitarra, na Casa da Cultura de Portosín.
  • O 2 de outubro, ás 11.30 horas, Escola de Danza.
  • O 4 de outubro, ás 20.00 horas, gaita, percusión e música tradicional, no  Edificio de Usos Múltiples de Porto do Son.

Máis información e inscricións: 981 867 412/ 981 767 758

CAMPIONATO DE SURF & BODYBOARD

A fin de semana do 25 e 26 de setembro celebrarase en Porto do Son o I Campionato de Surf & Bodyboard circuíto Rías Baixas.

  • Lugar: Praia Río Sieira.
  • Máis información e inscricións: 665 024 433/ 686 858 549

AUTOESCOLA MIGUEL

AUTOESCOLA MIGUEL sumouse a OFERTAS NUN CLICK!!!

Para ver os seus datos de contacto fai click AQUÍ.

OLMEDO

Mobles OLMEDO uniuse a OFERTAS NUN CLICK!!!

Accede ós seus datos de contacto facendo click AQUÍ.

XVII Edición FESTA DO POLBO

A Asociación Sonense de Empresarios organiza a XVII EDICIÓN DA FESTA DO POLBO que terá lugar o sábado 14 de agosto no Concello de Porto do Son.

Haberá distintos tipos de racións. O menú abrangue polbo, mexillóns e viño por 15€, pero pódese pedir cada prato por separado.

A festa inclúe tamén a Mostra da Cultura Mariñeira e Artesanal, onde participan as asociacións de Amas de Casa, Redeiras Virxe do Carme, Torneado Artesanal e o Museo Etnográfico de Porto do Son.

Entradas más antiguas »
Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.