Archivos para Outes
III Marcha Cicloturística “Concello de Outes”
O Concello de Outes organiza a III Marcha Cicloturística “Concello de Outes” que se celebrará o domingo 7 de novembro.
A saída será ás 9.30 horas dende o campo de fútbol do Conchido. A distancia a percorrer será de 40 km cun nivel de dificultade medio/alto.
Poderán todos os maiores de 16 anos
(os menores de idade deben presentar un consentimento do pai/nai/titor@)
A inscripción hai que facela vía mail a: deportes@outes.es e é gratuíta. No mail deben constar os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Idade
- Teléfono de contacto
O prazo de inscripción remata o xoves 4 de novembro ás 17.00 horas. As prazas están limitadas a 150 participantes.
É obrigatorio o uso de CASCO. Os dorsais repartiránse no Polideportivo da Serra 15 minutos antes da saída.
Máis información no Polideportivo da Serra ou no teléfono: 981 850 748.
Los comentarios están cerrados
Degustación de produtos do mar
O domingo 24 de outubro a partir das 18.30 horas terá lugar no peirao do Freixo (Outes) a “Degustación de produtos do mar”.
Trátase dunha festa gastronómica que serve para realzar a calidade dos produtos do mar e recoñecer a importancia que ten para o Concello de Outes a actividade marisqueira. Serviranse, de forma gratuíta, empanada, mexillóns ó vapor e viño.
Aproveitando esta celebración, váiselle entregar o “XI Sancosmeiro de Ouro” ó Centro Ocupacional de Valadares, pola importante labor deste centro.
Este ano acudirá ó evento, tanto á degustación como á entrega do sancosmeiro, O Sr. Presidente da Xunta, D. Alberto Núñez Feijóo.
Los comentarios están cerrados
Praia de SIAVO
A praia destacada desta semana é SIAVO no concello de Outes.
Fai click AQUÍ para saber máis.
Los comentarios están cerrados
Aluminios Suárez Lourido, S.L.
Aluminios SUÁREZ LOURIDO uniuse a OFERTAS NUN CLICK!!!
Los comentarios están cerrados
Peligro de incendios!!!
Os 8 municipios pertencentes ás comarcas de Barbanza e Noia atópanse en situación de risco extremo de sufrir incendios forestais.
Los comentarios están cerrados
EXCURSIÓN A BON XESÚS
O Concello de Outes organiza unha excursión a Bon Xesús o vindeiro 7 de agosto.
O custo da viaxe son 7€/persoa. Xa está aberto o prazo de inscrición. Máis información no teléfono 981 850 950.
Los comentarios están cerrados
Praia da semana: CANIÑAS
Onde é? Queres saber máis sobre esta praia? Fai click AQUÍ.
Los comentarios están cerrados
Campamento Urbano en OUTES
O luns 12 de xullo comeza, no Concello de Outes, un campamento urbano infantil que se prolongará ata o vindeiro venres 23 de xullo.
Poderán asistir rapaces entre 3 e 16 anos, que estean escolarizados.
As inscripción deben facerse na Casa da Cultura de Outes.
Para máis información: 981 850 950.
Los comentarios están cerrados
I Xornada Deportiva Convivencia
I XORNADA DEPORTIVA DE CONVIVENCIA PAIS-FILLOS NO CONCELLO DE OUTES
O 29 de agosto, último domingo do mes, terá lugar en horario de 10.00 a 14.00 horas a I XORNADA DEPORTIVA DE CONVIVENCIA PAIS-FILLOS no complexo deportivo Municipal de Conchido.
Esta actividade vai dedicada a pais e fillos con ganas de gozar xuntos do deporte.
Haberá sorpresas para os participantes. A inscripción é de balde.
Máis información no teléfono: 981 850 950
Los comentarios están cerrados





