Archivos para Lousame
MISA E CONCERTO DE SANTA ICÍA EN LOUSAME
Este sábado día 27 de novembro, misa e concerto para celebrar a festividade de Santa Icía, en Lousame.
A actuación correrá a cargo da Banda de Música Municipal de Lousame, que aproveitará para presentar o seu novo repertorio musical.
- Lugar: Igrexa de San Pedro de Tállara - Lousame.
- Hora: 19.00
Los comentarios están cerrados
PREESCOLAR NA CASA LOUSAME
O Concello de Lousame en colaboración coa Fundación Preescolar na Casa convoca un novo curso dirixido a familias con menores de 0 a 3 anos.
As familias interesadas poden contactar cos Servizos Sociais do Concello de Lousame no número 981 82 04 94. O prazo estará aberto durante o curso.
Los comentarios están cerrados
FESTAS DE SAN MIGUEL- CAMBOÑO
Hoxe dan comezo as festas de San Miguel en Camboño, Lousame. O segundo día de festa será o sábado 2 de outubro.
Los comentarios están cerrados
SAN ROCK-IÑO 2010
Este ano o Festival San Rock-iño contará coa participación dos grupos Desalojo, Teethless, E.K.O.S e Kertuler.
O evento terá lugar o próximo sábado 2 de outubro na pista cuberta de Sanguiñal (Lousame).
- Hora: a partir das 23.00
Los comentarios están cerrados
FESTAS DE SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA
Este venres comezan en Tállara (Lousame) as Festas de San Roquiño, que se prolongarán ata o 1 de outubro.
O repertorio é do máis variado: misas, sesións vermouth, verbenas… e actuacións das orquestras Satélites, Trébol, Pontevedra e Ledicia.
Los comentarios están cerrados
Romaría en Lousame
Esta fin de semana a parroquia de Fruíme (Lousame) celebrará a Romaría de Nosa Señora das Cabezas.
Programación das festas:
- Venres 17 de setembro: Verbena a cargo das orquestras Cabaret e Soprano. Churrascada.
- Sábado 18 de setembro: Actuacións das orquestras Panorama e Costa Oeste.
- Domingo 19 de setembro: Misas dende as 08.30 da mañá (misa principal ás 13.00). Mexilloada e sesión vermouth amenizada pola orquestra Los Lado. Pola noite, actuacións de Los Lado e Tekila.
Los comentarios están cerrados
Peligro de incendios!!!
Os 8 municipios pertencentes ás comarcas de Barbanza e Noia atópanse en situación de risco extremo de sufrir incendios forestais.
Los comentarios están cerrados
Camiñata a Santiago
A Concellería de Deportes do Concello de Lousame coa colaboración da Agrupación de Protección Civil de Lousame organiza unha camiñata a Santiago para a realización do Camiño con motivo do Ano Santo Xacobeo.
A camiñata realizarase a madrugada do Venres ó Sábado 23 de xullo con saída as 2 da mañán e chegada prevista a Santiago as 10.30 h. para escoitar a Misa do peregrino.
Para mais información e inscrición poden facelo a través da Concellería de Deportes ou no teléfono 981 820 494.
Los comentarios están cerrados
MAGO PABLO
O sábado 19 de xuño, ás 11 da mañá, terá lugar a actuación do MAGO PABLO na Casa da Cultura de Lousame.
Los comentarios están cerrados
Festa do Carneiro
A Asociación Cultural de San Roquiño xunto coa colaboración do Concello de Lousame organiza a II Edición da Festa do Carneiro ó Espeto.
Esta festa terá lugar o sábado día 5 de xuño. Haberá racións de carneiro, viño e pan a prezos populares tanto a partires da 13.00 horas como das 21.30 horas.
A festa estará amenizada pola Orquesta Odeón.
Los comentarios están cerrados

