Archivos para Jabon Blue
JABON BLUE – Flores en la carretera
Esta fin de semana Jabon Blue estará en Riveira rodando o videoclip de “Flores en la carretera” no que colaborará Manuel Manquiña e baixo a dirección de Segundo Grandío.
Nesta rodaxe colabora a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta e a Concellería de Xuventude do Concello de Riveira.
O Faro e o cemiterio de Corrubedo, a autovía da Barbanza, o mirador da Curota, o Pub Horse de A Pobra do C., …, son algúns dos lugares elexidos para a filmación.
O videoclip narrará como un mozo contempla a súa propia morte e o seu funeral despois de ser convencido polos seus amigos de que tomase unhas copas, a pesares de que a el non lle tocaba beber esa noite.
Para a escenificación do accidente empregarase un scalextrix. (Os amantes do scalextrix terán a oportunidade de participar na gravación acudindo o sábado ás 10.15 horas ó restaurante Balieiros en Corrubedo).
O momento máis emotivo será o funeral, que será gravado o domingo no Faro de Corrubedo coincidindo coa posta de sol. (Os moteiros que queiran participar teñen que acudir o domingo a partires das 18.30 horas á recta do Faro de Corrubedo para a filmación do enterro. )
Os interesados en participar deben poñerse en contacto con Amalia da produtora “Casa de Tolos, S.L.” no teléfono 629 531 410.
Los comentarios están cerrados
TEMA DA SEMANA: Flores en la Carretera
Non esquezades escoitar o tema desta semana: FLORES EN LA CARRETERA, de Jabon Blue.
Máis información, premendo AQUÍ.
Visitade a súa páxina:
http://www.myspace.com/jabonblue
Los comentarios están cerrados
O tema da semana: FLORES EN LA CARRETERA
Non esquezades escoitar o tema desta semana: FLORES EN LA CARRETERA, de Jabon Blue.
Máis información, premendo AQUÍ.
Visitade a súa páxina:
http://www.myspace.com/jabonblue
Los comentarios están cerrados
1º CONCURSO DE MÚSICA DE GRUPOS LOCAIS EN RIVEIRA
PONSE EN MARCHA O PRIMEIRO CONCURSO DE MÚSICA DE GRUPOS LOCAIS DE RIVEIRA PARA PROMOCIONAR ÁS BANDAS NOVEIS
O obxectivo é dar a coñecer o traballo das distintas bandas noveis do municipio, o Concello de Riveira organiza para os vindeiros días o Primeiro Concurso de Música de Grupos Locais de Riveira: unha iniciativa promovida polo Departamento Municipal de Xuventude que arrancará a partir de pasado mañá, mércores 28 de xullo de 2010.
Van ser cinco as bandas que participarán no evento: Entrelíneas, Kolapz, La Banda del Watio, Pirufláuticos e Talón de Aquiles. As actuacións terán lugar en distintos locais hostaleiros do municipio.
O gañador do certame, que será escollido polas propias bandas participantes, terá a oportunidade de actuar o día 12 de agosto nun festival que servirá para conmemorar o Día Internacional da Xuventude. Ademais do gañador deste Concurso, van participar unha banda foránea e o consagrado grupo local Jabón Blue.
CALENDARIO DE CONCERTOS:
- Xoves 29 de xullo: PIRUFLÁUTICOS no NOITE MEIGA
- Venres 30 de xullo: ENTRELÍNEAS no BAR PEDROUSO
- Sábado 31 de xullo: TALÓN DE AQUILES e KOLAPZ no DESTRANGIS
- Martes 3 de agosto: LA BANDA DEL WATIO no DESTRANGIS
Los comentarios están cerrados
NOVO DISCO DE JABON BLUE Á VENDA
Jabon Blue ten novo disco á venda.
Para saber máis fai click AQUÍ.
Los comentarios están cerrados
