Archivos para exposición

INAUGURACIÓN DE EXPOSICIÓN EN LOUSAME

Mañá venres inaugúrase na Casa de Cultura de Lousame a exposición de Veigas Manteiga que leva por título “Naturezas mortas”, nun acto que terá lugar ás 20.30 horas.

A colección está composta por unha serie de bodegóns realizados polo artista entre o 1977 e o 2010.

A exposición permanecerá aberta ata o 8 de novembro, en horario de 9.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NA POBRA

Con motivo da homenaxe a Valle Inclán, hoxe terá lugar na Pobra do Caramiñal a inauguración dunha mostra de fotografías relacionadas coa presentación de diversas obras deste ilustre personaxe das nosas letras.

As obras proceden do arquivo do marqués de Bradomín e poderán visitarse ata o 5 de novembro.

  • Lugar: Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. A Pobra do Caramiñal.
  • Hora: 21.00

Nova Exposición no Liceo de A Pobra

O Liceo de A Pobra do Caramiñal acolle unha nova exposición.

Exhíbense ata un total de 14 obras do pobrense Adelino Soler Ageitos, profesor da Escola Técnica de Arquitectura de A Coruña, afeccionado á pintura dende fai xa 8 anos.

Nesta obra pódense atopar dende paisaxes diversas ata elementos autóctonos como as tradicionais bandas de música.

Exposición Pintura en OUTES

 

Que facer o Luns 3 de maio?

Hoxe inaugúrase en Outes dúas exposicións, para saber máis visita o CALENDARIO DE EVENTOS facendo clicl AQUÍ.

Que facer o Martes 20 de abril?

Para hoxe propoñémoste visitar 3 exposicións:

  • Caixón Desastre de Lucía Romaní
  •  A historia de Galicia
  • Mapa de Fontán e Cartografía de Galicia

As dúas primeira podes visitalas no concello de Boiro e a terceira no concello de Noia.

Tamén podes ir ó cine no concello de Riveira.

Máis información AQUÍ.

Xoves 15 de abril 2010, que fago?

Non faltedes á Gala Solidaria “En Contacto con Chile” ás 20.00h na Casa da Cultura de Boiro.

A maiores podedes asistir á Exposición “Caixón Desastre” de Lucía Romaní no Centro Social do mesmo concello.

Máis información na seguinte ligazón:

http://barbanzanoiaagora.wordpress.com/2010/03/31/que-facer-o-xoves-15-de-abril/

MÉRCORES 14 DE ABRIL DE 2010, que fago?

Pásate polo Centro Social de Boiro e visita a exposición “Caixón Desastre” de Lucía Romaní.

http://barbanzanoiaagora.wordpress.com/2010/03/31/que-facer-o-mercores-14-de-abril/

Que facer na fin de semana?

Durante o resto da fin de semana seguen as actividades:  exposicións, charlas, concertos, o teatro, o cine,  as festas de San Gabriel, Festival Benéfico en Noia, etc…

Entra no noso calendario e NON TE ABURRAS esta fin de semana. (Fai click sobre o texto para acceder ó calendario).

Venres 9 de abril de 2010

Para comezar o fin de semana propoñémoste:

  • Exposición “Hai camiño polo mar” en Riveira
  • Conferencias de temas diversos, unha en Boiro e outra en Riveira
  • Festas de San Gabriel en Cures (Boiro)
  • Concerto da orquesta Cinema en Riveira
  • Gústache o teatro? A compañía Malapécora actúa hoxe en Riveira
  • Prefires o cine? Podes ver: Furia de Titanes, Cómo entrenar a tu dragón, entre outras..

Máis información AQUÍ.

Entradas más antiguas »
Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.