Archivos para Corrubedo

FESTAS DE SANTA TECLA

Hoxe  comezan as Festas de Santa Tecla en Corrubedo!

Ata o sábado poderedes disfrutar da programación festiva en Corrubedo, que contará con actuacións musicais os 3 días. Actuarán as orquestras Os Trovadores, Principal e Odeón, e os grupos Marea e De la Cruz.

O pregón, que este ano correrá a cargo de Ricardo Antelo Santiago (profesor afincado na zona) será o sábado 25 ás 23.30 horas. Tampouco faltarán as misas e pasarrúas.

DJs TECH-HOUSE EN CORRUBEDO

Este venres 24 de setembro o Ferruxe noise club acollerá as actuacións de 3 DJs con música Tech-house.

  • Actuacións de: Dj Smerz, Dj Nactxo Arca e Dj Tesso.
  • Lugar: Ferruxe noise club (Corrubedo)
  • Hora: a partir das 2.00 horas.

CONCURSO PARA GRUPOS MUSICAIS

A Asociación BASTANTES LLON convoca o primeiro concurso dirixido a grupos musicais da zona que terá lugar o xoves 19 de agosto en Corrubedo (Riveira).

Calquera banda do concello de Riveira poderá anotarse e participar. Os interesados terán de prazo para inscribirse ata o mércores 18 de agosto, ou ben no bar Samba (polas tardes) ou ben a través da seguinte web:

http://www.myspace.com/kurralarock

PREMIOS:

  • 1º Posto -> Actuación na Festa da Chuvia 2011 + concerto nun festival fóra de Riveira xunto ó grupo A Compañía do Ruído.
  • 2º Posto -> Actuación na vindeira edición do festival Kurralarock.
  • 3º Posto -> Participación nunha noite kurraleira.

O tema da semana: PROTESTA de INLLORFEIS

O tema da semana: PROTESTA de INLLORFEIS

INLLORFEIS  é un grupo do concello de Riveira nado no inverno do 2006-2007, composto por 4 amigos.

Máis información en:

http://barbanzanoiacreacion.wordpress.com/2010/04/26/o-tema-da-semana-protesta-de-inllorfeis/

Praia da semana: BALIEIROS

Inauguramos o apartado de praias sendo a praia da semana: BALIEIROS.

Fai click na seguinte ligazón para saber máis:

http://barbanzanoianatural.wordpress.com/2010/04/20/praia-de-balieiros/

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.