Archivos para charla
CAFÉS CIENTÍFICOS EN BOIRO
Mañá venres día 8 Boiro será o lugar elixido polo Grupo NEUROcom para levar a cabo un Café-teatro-científico.
Trátase dunha actividade de divulgación co obxectivo de acercar o coñecemento científico en xeral á sociedade. Esta actividade está financiada pola Fundación Española para Ciencia e Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación e a Consellería de Economía e Industria, da Xunta de Galicia e organizada en colaboración coa Universidade da Coruña.
As persoas encargadas de levala a cabo son Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, investigadores pertencentes a NEUROcom, ademais dos científicos colaboradores: Elena Vázquez, Luís Sampedro, Eduardo Sánchez e Alberto Velando, acompañados dos actores:Vicente de Souza e César Goldi.
A actividade terá lugar no bar A Pousada das Ánimas. Boiro.
Ademais deste día está previsto que a actividade volva a repetirse o 22 de outubro e o 5 de novembro, no mesmo local.
Máis información, premendo AQUÍ.
Los comentarios están cerrados
CHARLA – COLOQUIO SOBRE ALZHEIMER EN RIVEIRA
Agadea (Asociación Galega de Enfermos de Alzheimer) organiza, en colaboración co Concello de Riveira, unha charla-coloquio sobre o Alzheimer que leva por título: “Coidadores de enfermos de Alzheimer (unha ventá aberta ó coidado)”
Participarán no evento como relatores Xiana Rodríguez Osorio e Manuel Rodríguez Yáñez (neurólogos do Hospital da Barbanza). Previamente, terá lugar a proxección das 3 curtametraxes sobre a enfermidade que resultaron finalistas do SNC-Lundbeck.
- Data: 22 de setembro de 2010.
- Lugar: Auditorio Municipal de Riveira
- Hora: 19.00 horas.
Máis información, no Tlf. 981 59 57 38 (Agadea) e no seguinte enderezo electrónico: agadea@agadea.org
Podedes ver as curtas que se van proxectar premendo AQUÍ.
Los comentarios están cerrados



