Archivos para calendario de eventos

CALENDARIO DE EVENTOS

Non sabes que facer?

Consulta o noso calendario de eventos e disfruta da fin de semana.

Click AQUÍ.

FESTAS DE MACENDA

Este domingo día 10 comezan as Festas de Macenda (Moimenta – Boiro), que se prolongarán ata o 14 de outubro.

O primeiro día, ás 11.00 celebrarase o II Torneo de Golf  “Trofeo Carme de Macenda”.

O cartel complétase con misas, pasarrúas e, orquestras e dúos musicais que farán a súa aparición entrada a noitiña. Tampouco faltan as sesións vermú con mexilloada e degustación de empanadas que terán lugar o domingo e o martes.

Consulta a programación día a día no noso calendario de eventos. Click AQUÍ.

PROGRAMACIÓN CULTURAL NOIA

O Concello de Noia oferta unha gran variedade de actividades culturais para disfrutar este mes.

Festivais de Música, Festivais de Teatro, Exposicións, Encontros de Artistas… Un mes cheo de cultura!!

Consulta con máis detalle as actividades no cartel.

RECITAL DE MÚSICA E POESÍA

Como parte do programa de actividades organizado para rendir homenaxe a Valle Inclán o Concello da Pobra organiza un espectáculo de música e poesía para este sábado, que leva por nome: “Cancións contadas. Contadas cancións”.

O espectáculo, protagonizado por Mon Santiso e Eva Veiga, terá lugar no Cine Elma, ás 21.00 horas.

CAFÉS CIENTÍFICOS EN BOIRO

Mañá venres día 8 Boiro será o lugar elixido polo Grupo NEUROcom para levar a cabo un Café-teatro-científico.

Trátase dunha actividade de divulgación co obxectivo de acercar o coñecemento científico en xeral á sociedade.  Esta actividade está financiada pola Fundación Española para Ciencia e Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación e a Consellería de Economía e Industria, da Xunta de Galicia e organizada en colaboración coa Universidade da Coruña.

As persoas encargadas de levala a cabo son Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, investigadores pertencentes a NEUROcom, ademais dos científicos colaboradores: Elena Vázquez, Luís Sampedro, Eduardo Sánchez e Alberto Velando, acompañados dos actores:Vicente de Souza e César Goldi.

A actividade terá lugar no bar A Pousada das Ánimas. Boiro.

Ademais deste día está previsto que a actividade volva a repetirse o 22 de outubro e o 5 de novembro, no mesmo local.

Máis información, premendo AQUÍ.

TEATRO EN RIVEIRA

Mañá venres día 8 o grupo de teatro “Airiños” representará no Auditorio riveirense a obra “Os vellos non deben namorarse”.

A representación está enmarcada no seo do Programa de Ocio e Tempo Libre da Asociación Ámbar e financiada pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O evento terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Riveira e está aberto ao público en xeral.

INAUGURACIÓN DE EXPOSICIÓN EN LOUSAME

Mañá venres inaugúrase na Casa de Cultura de Lousame a exposición de Veigas Manteiga que leva por título “Naturezas mortas”, nun acto que terá lugar ás 20.30 horas.

A colección está composta por unha serie de bodegóns realizados polo artista entre o 1977 e o 2010.

A exposición permanecerá aberta ata o 8 de novembro, en horario de 9.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas.

MÚSICA EN NOIA

Este venres día 8 o escenario do Coliseo Noela dará cabida ao Festival Internacional de Pulso e Púa “Cidade de Cristal”.

Actuarán a agrupación Irina Kazimirskaia e Os Trobadores de Logroño. 

  • Lugar: Coliseo Noela. Noia.
  • Hora: 20.30.
  • Entrada libre

CHARLA SOBRE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

Mañá, xoves día 30 de setembro, o Centro Social de Ponte Beluso (Bealo) dará cabida a unha Charla informativa sobre compostaxe doméstica.

  • Lugar: Centro Social de Ponte Beluso (Bealo-Boiro).
  •  Hora: 20.30

PAINTBALL EN LOUSAME

Concello de Lousame organiza para o sábado día 9 de outubro ás 11.00 unha Xornada de Paintball que terá lugar no “Bosque do neno” (inmediacións do Polideportivo e Piscina Municipal).

Máis información e inscricións: na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) Lousame ou no teléfono 981 842 036.

Entradas más antiguas »
Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.