DESPEDÍMONOS!!!
21 meses despois… chegou o momento da despedida. A UPD do Pacto Territorial de Emprego de Barbanza-Noia cesa a súa actividade.
Despois de levar traballando máis dun ano na nosa primeira páxina:
esperamos ter cumprido o seu obxectivo principal: contribuír á difusión dos estudos elaborados pola UPD como un recurso máis de consulta para a cidadanía, así como achegar información de interese para as persoas de Barbanza e Noia sobre temas relacionados co emprego e a formación, centralizando así os recursos existentes na zona.
Esta primeira web serviunos de experiencia para levar a cabo a nosa segunda páxina que se atopa activa, en todos os seus apartados, dende maio de 2010:
http://barbanzanoiaonline.wordpress.com
coa que intentamos actuar como escaparate de Barbanza-Noia en todos os ámbitos: turismo, ocio, creación (escritor@s, escultor@s, pintor@s, músic@s,…) e, por suposto, promoción do sector comercio.
Queremos destacar o noso orgullo polas máis de 165.000 visitas recibidas e agradecervos a tod@s @s que fixestes posible que o noso traballo cobrase sentido. A tod@s @s nos@s amig@s/seguidor@s a través das redes sociais (Facebook, Tuentis, Twitter e Myspace) e a tod@s aquel@s que coas vosas achegas e o voso apoio contribuíchedes a que estes proxectos fosen medrando día a día.
Capítulos FINAIS de JOE THE MEQ
Xa podes ler os capítulos dende o 26 ATA O FINAL de“Aventuras e Desventuras de JOE THE MEQ”.
Los comentarios están cerrados
Novas obras de CRUSAT
O creador XERARDO COBAS CRUSAT enviounos 3 obras máis para a nosa SALA DE EXPOSICIÓNS!!!
Visita a SALA DE EXPOSICIÓNS e deleitate coas novas obras!! Fai click AQUÍ.
Los comentarios están cerrados
Praia de Taramancos
A praia da semana é TARAMANCOS no concello de Noia.
Clickea AQUÍ para máis info.
Los comentarios están cerrados
Viaxe á estación invernal SAN ISIDRO
O venres 14 de xaneiro terá lugar unha viaxe á neve: á estación invernal de SAN ISIDRO (León).
O custe da viaxe son, aproximadamente, 85€. As prazas son limitadas a 44!!!
A saída terá lugar ás 12 da noite do venres 14 de xaneiro e a volta será ó redor das 16.00-17.00 horas dende San Isidro.
Para máis información ou para anotarse acudir ó Centro Social de Boiro ou chamar ó número 620 970 072 ata o 30 de decembro.
Los comentarios están cerrados
NOITE MEIGA segue de festa!!!
Este sábado 4 de decembro o NOITE MEIGA prepara a FESTA MEXICANA!!!
Tralo éxito acadado coa Festa de Aniversario, esta finde o NOITE MEIGA acollerá a FESTA MEXICANA.
Na festa de aniversario non faltou a tarta da Maricola, os cócteles a cargo do coctelero Fran Pérez e a boa música estivo nas mans dos DJ´s Paco, Jama e Berto.
Máis info AQUÍ.
Los comentarios están cerrados
OBRADOIRO DE XESTIÓN DO ESTRÉS E DA ANSIEDADE OUTES
O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organizou un obradoiro de xestión do estrés e da ansiedade. Terá lugar na Casa da Cultura deste concello o venres 10 de decembro en horario de 17.00 a 20.00 horas. Está dirixido á poboación en xeral, sendo as prazas limitadas
Toda persoa que desexe participar, deberá anotarse no CIM de Outes (teléfono 981 850 949) en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Los comentarios están cerrados
Peto Real
A ave destacada da semana é o PETO REAL!!!
Coñece as súas particularidades facendo click AQUÍ.
Los comentarios están cerrados
Concerto Centenario LAUDA SION
Venres 10 de decembro non podes perderte o CONCERTO CENTENARIO LAUDA SION.
O concerto terá lugar de 21.00 a 23.00 horas na Praza da Fonte Catro Canos no concello de A Pobra do Caramiñal.
Los comentarios están cerrados







